-Cal é o motivo de realizar viaxes nestes Centros?
“E unha tradición realizar viaxes nos centros sociais, parroquias, asociacións, nos medios escolares, nas empresas etc. porque en principio é unha actividade que lle gusta a xente en xeral, e unha actividade moi demandada polos usuarios.”
-Como se chega a programar viaxes tan lonxe do Centro?
“Pois como xa dixen, debido á insistencia dos usuarios, primeiro foron viaxes curtas ( a Santiago, a Coruña) logo pedían ir ao estranxeiro e organizámoslles un a Portugal pero para os galegos Portugal non é estranxeiro, así que a base de insistir, organizamos a primeira viaxe a Italia e até hoxe”
-A quen van dirixidos as viaxes que se programan?
“En principio á poboación en xeral pero en especial a aquelas persoas que polas súas circunstancias persoais non son o cliente tipo das axencias de viaxes tradicionais. Aquelas persoas que están soas, que non se atreven a viaxar por non coñecer o idioma, aquelas que non teñen medio de transporte, ou simplemente aquelas que lles gusta que todo llo dean feito e ter unha viaxe exclusiva con amigos e veciños”
-Que quere dicir cunha viaxe exclusiva?
“Quere dicir que se deseñan desde o centro, algunhas veces pola demanda dun taller ou un colectivo, ou que sobre as xa confeccionados polos maioristas,se realizan todas as modificacións que consideremos necesarias para adaptarlas aos nosos intereses. Nas nosas viaxes ou saídas está todo incluído non hai que preocuparse de nada, o “tempo libre” habitualmente non existe, sempre estamos acompañados por un guía, as nosas viaxes son unha clase de cultura sobre rodas.
-Cal é entón a finalidade das saidas ou viaxes?
“As saídas e viaxes culturais veñen tradicionalmente formando parte da programación do centro, como un medio para fomentar a convivencia a solidariedade entre os usuarios o mismo tempo que coñecer e respectar outras culturas”
-Que tipos de viaxes ou saídas poden realizar os usuarios?
“Prográmanse diferentes tipos de viaxes: Visitas a exposicións locais ou no territorio autonómico que se realizan en xeral dentro do marco dos obradoiros culturais. Saídas de saúde a centros termais ou talasoterapia. Saídas para asistir a conferencias, congresos, por exemplo as que se realizan dentro do marco do Convenio Xunta-Fundación La Caixa, monográficas (monasterios, castros, rómanico…), de coñecemento do entorno, saidas para coñecer outras Autonoías, Comunidade Europea….. Tendo diferente duración según cada caso”
-Que viaxes se estan preparando neste momento a Comunidade Europea?
“Sempre se recolle o sentir dos usuarios, estanse preparando dúas viaxes: en xuño a Escocia, en setembro a Bruselas-Países Baixos.con visita incluida ao Parlamento Europeo este último a proposta do Obradoiro de Debates”
-E por noutras autonomías?
“Dentro do programa “Coñecer outras autonomías”: estase a preparar para maio a Ruta del Quijote, que está sendo solicitado polos usuarios que asisten ao obradoiro Debates; todavía sen definir Palilleiras en Cantabria, demandado polo obradoiro de Bolillos”.
-E as Viaxes por Galicia?
“A Consellería de Traballo e Benestar a que pertenecemos pon en marcha para antes do verán programas como “Comece o teu pais” ou “Galicia Natural”, programas moi interesantes tanto de contenido como de precio xa que están subvencionados, o único inconvinte é que estan programados só para amiores de 65 anos, nós tamén programaremos algunha viaxe por Galicia dun ou varios días pero aínda están por determinar. Prevense polo menos dúas viaxes interxeneracionais pola nosa autonomía”.
-Entón as viaxes que se programan desde o Centro non teñen subvención?
“Habitualmente non, os orzamentos do Centro para actividades non o permite, pero si é certo que hai un traballo anterior á viaxe e que se fai desde o Centro, cos medios deste, polos profesionais do mesmo, si este traballo está ben feito hai moitas posibilidades de que a viaxe salga ben. Esa é se se quere unha forma de subvención ya que o noso traballo facilitalles as axencias o seu, así podemos conseguir prezos competitivos”.
- Que labor realiza entón o Centro?
“A programación destas actividades require por parte do Centro unha dedicación no tema de coordinar os intereses dos usuarios e demandar ás axencias de viaxes un programa que ademais de competitivo en canto a prezos, nos acerque o máis posible á cultura do lugar a visitar; unha programación que teña en conta as características dos viaxeiros potenciais e os intereses do grupo, supervisar as diferentes opcións, horarios , hoteis, menús, visitas guías etc”.
- Como se elixe a axencia que realiza o servicio?
“Ás axencias dámoslles o programa deseñado, con datos claros de prioridades. Nalgunhas ocasións pídese orzamento a diferentes axencias, pero habitualmente trabállase con unhas determinadas por que xa coñecen os nosos gustos, esixencias e si é posible contrata aos guías que nós demandamos. Nas viaxes de longa duración non existe ningunha relación de contrato entre o centro sociocomunitario e a empresa coa que se concerta a viaxe, polo tanto a empresa e a única responsable do cumprimento do contratado cos usuarios”.
Que tipo de esixencias?
“Pois cousas tales como que os hoteis sexan céntricos, que realicemos algunha actividade que nos achegue ao folclore local, que os voos estean coordinados para que sexan o máis levadío posible para os usuarios, tendo en conta as características de idade etc”.
-É necesaria a súa presenza nestes viaxes?
“Si por suposto, é parte de esa subvención de que falabamos, unha viaxe sobre todo si é de varios días é unha actividade de forte convivencia para o bo e para o malo, poden nacer grandes amizades pero poden xerarse graves conflitos, é ai onde intervén a dirección, ademais de facer unha supervisión sobre o contratado. Nestas viaxes poden surxir múltiples incidentes a miña presenza e unha seguridade para o guía por que o meu coñecemento dos usuarios pode resolver problemas, cando non podo ir eu procuro que acompañe algún monitor do centro, si non é posible un guía da axencia pero da miña confianza e con coñecemento dos usuarios, ademais de ter o meu telefóno disposto para qualquera dubida. Aunque pareza unha “abicoca” unha viaxe como responsable non o é, pásanse malos intres, algunha persoa perdida, enferma, enfadada coa súa compañeira de cuarto…..etc.
- Una anecdota.
“Pois dúas amigas moi viaxadas, desenvoltas, eu as vira na porta de embarque, entramos no avión e unha vez sentados dámonos conta da súa falta, notificamolo á azafata e dinos que efectivamente faltan pero xa non poden entrar, despistáranse falando e non viron que embarcábamos, chegaron 8 horas máis tarde noutro voo, eu paseino mal pero suspirei con alivio de que lles sucedese a elas e non a outras menos viaxadas e non tan desenvoltas.
-E agora unha pregunta indiscreta que a moitos usuarios lle gustaría facerlle: Quen paga a súa viaxe en estas saidas?
“A Consellería non ten previsto ningún tipo de compensación nin ecónomica ni de horario por o noso traballo en ese tipo de actividades.O custo da nosa viaxe, por ser xefe de grupo (si este é superior a 30 ou 35 persoas), o asume como é habitual o maiorista e a compañía aérea, ou sexa que si o que quere saber é si eu pago como usuario a resposta é non, si o que quere saber é si repercute sobre o precio dos usuario a resposta é non. Calquer acompañate que eu leve paga como todo usuario, o seu único privilexio é que non madruga para coller sitio”.
-Considera que as viaxes non son un poco caras?
“O caro e o barato é moi relativo, hai usuarios para todo tipo de presupostos, hai que formular que inclúe a viaxe e a conta de que poden reducirse os prezos, creo que a calidade prezo é moi boa, a proba é que se pode ir sen apenas levar diñeiro de peto e os que máis valoran como os programamos e os prezos son os que xa viaxaron moito”
-Grazas, seguiremos se nolo permite facendo lle preguntas sobre outros temas referidos á dinámica do Centro porque seguro que aos usuarios lle interesan.
“Encantada”
As fotos que acompañan esta entrevista estan feitas por usuarios durante viaxes do Centro.
Deixa o teu comentario
O centro, ten dereitos de moderación de comentarios que considere non concernentes aos temas expostos.
Esta entrevista suscitou múltiples comentarios, en concreto dous que o equipo de redacción eliminou por considerar que vulneraban a honra da persoa á que ían dirixidos, porque facían insinuacións que poden ser constitutivas de delito e todo desde o anonimato por tanto retirámolas.
Aínda así queremos deixar o espírito dos mesmos, xa que sen esta explicación non se entenderían os demais comentarios.
As entradas eliminadas (de Evaristo e María) viñan pór en dúbida a resposta á última da pregunta das formuladas na nosa entrevista.
y 
Deixa o teu comentario
O centro, ten dereitos de moderación de comentarios que considere non concernentes aos temas expostos.________________________________________________