Artigo para Junio, 2006

POESIA DUN GALEGO ILUSTRE

“O POBO QUE DEIXA PERDER A SÚA PALABRA”

por Manuel María
(Os lonxes do solpor, 1993)

O pobo que deixa perder a súa palabra
creada, herdada, usada, revelada,
aquela que lle é propia e singular,
a que é unicamente súa,
está empobrecendo o mundo
e perpetrando o seu propio xenocidio.
Ese pobo vil
ollará aniquilada a súa lembranza
e o seu nome indigno
borrarase, sen máis, do universo:
hai agresiós á beleza e ao espírito
que a vida non tolera nin perdoa.

20.06.2006

Autor Redacción en categoría 12-Noticias do Centro e Comentarios desactivados

Xa está aquí BITÁCORA a revista do CENTRO

O xoves 22 de xuño do 2006 tal como estaba previsto
Acudiron a este evento:
D. Fracisco Xavier Verea Argivay-Delegado provincial de Pontevedra.
D. Ramón Rodríguez del Valle-Jefe de Servicios de Prestaciones Sociales.
Susan Responsable para Galicia de proyectos educativos y sociales de la Fundación La Caixa.
Asistiron un gran número de usuarios e outras persoas que decidiron coñecernos e estar presentes neste intre.
A directora,Carmen, fixo a presentación na que destacou o valor desta revista como divulgadora da actividade interna do Centro fora do mesmo.
A dinámica interna do centro é posible pola actuación dos voluntarios que como equipo materializan os obxetivos do C.Social.
Naturalmente nada disto tería valor se non contase coa colaboración dos usuarios que son os que dan sentido a esta BITÁCORA.
A Bitácora é unha semente que empeza a grelar.
O delegado provincial da Xunta en Pontevedra D. Francisco Xavier Verea Argibay resalta que estas iniciativas tanto da revista Bitácora como do Coro, mostran o dinamismo deste Centro.
Fai fincapé na idea de que”Os Centro Sociais” fanse gracias os usuarios sen eles non sería posible nin xustificable a existencia dos mesmos.
Cosidera o C. S. de Coia coma un referente de tódolos Centros Sociais, polo inmerso que esta no barrio e polo seu dinamismo.
Manifestou interés por coñecer a experiencia das persoas que fixeron esta Bitácora.
Por último, xustificou a non asistencia do Vicepresidente, Anxo Quintana, pois tiña outro compromiso que non lle permitia podernos acompañar.
Enviou a súa enhoraboa a Bitácoras e a xente do coro.

Así foi a presentación da Bitácoras de xeito oficial.

Despois dun xantar boísimo preparado por Tita responsable da cafetería no mesmo Centro ,os integrantes do curso de informática acompañados pola directora,Carmen, polos nosos mestres Anxo e Alesandra e Susan escoitamos unhas cantigas dos compañeiros que animaron o momento dos postres.

H.pérez

Autor Redacción en categoría 12-Noticias do Centro e Comentarios desactivados

UNA NUEVA MARAVILLA

Autor Redacción en categoría 12-Noticias do Centro e Comentarios desactivados

FIN DE CURSO -2006 ( BAILANDO )

Quiero contarlo como yo lo vi. Como una cultura de alto poder corporal.
Me estoy refiriendo a las parejas que actuaron; mostrando su interés, con un resultado de alta calidad estética.


Quiero resaltar en particular la demostración que hicieron la Profesora ,Marta Bautista,
Y su acompañante.
Fue una delicia contemplar sus movimientos selectos, metódicos y posicionales,
de los pies , con respecto a las posturas bien alineadas, en su plasticidad, con relación a la disciplina de los cuerpos, por la acción conjugada de la mente, cuerpo, piernas y pies. consiguiendo así una unión perfecta de un todo artístico.
Como articulista de este tema ,desearía seguir con más alabanzas.
Espero poder volver a veros pronto para seguir llenando la pagina contando vuestra historia.
Para todos los que practicáis estas disciplinas
Gracias

Emiliano

Autor Redacción en categoría 12-Noticias do Centro e Comentarios desactivados

¿Qué dijo la prensa?

El jueves, veintidós, tuvo lugar en el salón de actos del Centro la presentación oficial de la revista digital. Veamos que dice la prensa de este acontecimiento.

LA VOZ DE GALICIA.

Autor Redacción en categoría 12-Noticias do Centro e Comentarios desactivados

De cara al próximo curso.

Actividades de octubro a xuño, xestionadas mediante concesión a empresas ou monitores.
As matriculas realizaranse a partir do 18 de setembro, según o día e hora establecido para cada actividade, despois desa fecha, nas actividades que teñan bacantes, poden inscribirse en administración de 9 a 14 h.

    Actividade, Nº h. semana, Días, Horarios, Prezo, 1º día matricula, horario

  • Cerámica 1 3 Mart. e Venres 9 a 10,30 17,11 € Martes 19 de 9,30 a 12 h.
  • Cerámica 2 3 Luns e xoves 18,30 a 20 17,11 € Martes 19 de 18 a 20 h
  • Bolillos 3 Luns e Mércores 11,30 a 13 17,11 € Mércores 20 de 11 a 13 h.
  • Ioga 1 3 Mart. e Xoves 9 a 10,30 16,45 € Martes 19 de 10 a 12 h.
  • Ioga 2 3 Mart. e Xoves 19,15 a 20,45 16,45 € Martes 19 de 18 a 20 h.
  • Taichi 1 2 Mart. e Xoves 10,30 a 11,30 15,07 € Xoves 21 de 9 a 10 h.
  • Taichi 2 2 Mart. e Xoves 11,30 a 12,30 15,07 € Xoves 21 de 9 a 10,30 h.
  • Taichi 3 2 Mart. e Xoves 17 a 18 15,07 € Xoves 21 de 9 a 10,30 h.
  • Taichi 4 2 Mart. e Xoves 18 a 19 15,07 € Xoves 21 de 17 a 19 h.
  • Técnicas psicocorporais 2 Luns e Mer. 10 a 11 15,07 € Mércores 20 de 10 a 12 h.
  • Ximnasia + aerobic 3 Luns, Mérc. e Venr. 9 a 10 16,33 € Luns 18 de 10 a 12 h.
  • Ximnasia mantmnto 3 Luns, Mérc. e Venr. 16,30 a 19,30 16,33 € Luns 18 de 10 a 12 h.
  • Aerobic 3 Luns, Mérc. e Venr. 19.30 a 20,30 16,33 € Luns 18 de 17 a 19 h.
  • Pintura 1 2 Mércores 16,30 a 18,30 15,81 € Luns 18 de 17 a 19 h.
  • Pintura 2 2 mércores 18,30 a 20,30 15,81 € Luns 18 de 17 a 19 h.
  • Ingles 2 Luns e mércores 19,45 a 20,45 15,81 € Luns 18 de 17 a 19 h.
  • Guitarra 2 M artes 18 a 20 15,85 € Luns 18 de 17 a 19 h.
  • Bailes de Salón 1,30 Venres 17 a 18,30 14,50 Luns 18 de 17 a 19 h.
Autor Redacción en categoría 12-Noticias do Centro e Comentarios desactivados

El centro en imágenes.

Cocina.


Vagalume.

Senderismo.

TAI-CHI.

Bolillos.

La Coral.


Ingles.

Teatro.

Betanzos y Puentedeume.



Letras galegas

Fotografía.

Concierto.

Cies.

Raku.

Autor Redacción en categoría 12-Noticias do Centro e Comentarios desactivados

Ya estamos de vacaciones.

Autor Redacción en categoría 12-Noticias do Centro e Comentarios desactivados

ENTREVISTAMOS Ó VICEPRESIDENTE D.ANXO QUINTANA

CUESTIONARIO:

-No acto de apertura do C.Social de Redondela, vostede destacou “que é necesaria unha nova filosofía para que os Centros Sociais sexan vivos , activos e dinámicos”.¿En que consiste esa filosofía?

R.-Os centros sociais teñen un papel moi importante que cumprir na rede pública de servizos que a Vicepresidencia está a deseñar. Cada un destes centros é unha referencia para o tempo libre, a cultura, as actividades e a vida en xeral da comunidade onde se ubica, e por iso a intención da Vicepresidencia é imprimirlles esa filosofía de servizo público que os convirta en auténticos focos culturais, sociais, activos e de participación. A idea non é só local onde pasar o tempo, os servizos destes centros teñen que ir mais alá, ata convertirse en auténticos catalizadores das inquedanzas e as necesidades dos seus usuarios para poder ofrecerlles un servizo acorde con estas demandas.

-Vostede tamén destacou que o C.Social “ten que ser reflexo de riqueza e diversidade“.Os maiores, no noso centro social, temos a nosa disposición unha aula de informática, froito do convenio ca “ La Caixa”. ¿Para cando os mozos do noso Centro poderán ter acceso libremente a interne .
R.-Este Goberno ten un especial compromiso coas novas tecnoloxías, tanto polo retraso que Galiza ten ao respecto das súa penetración social coma pola importancia que teñen para o desenvolvemento do país. Na Vicepresidencia temos ademais un especial compromiso co acceso ás novas tecnoloxías nos nosos centros, polo importantes que son na sociedade actual e porque ademais os usuarios dos nosos centros e servizos teñen que disfrutar de servizos de calidade, que hoxendía non se entenderían sin bos accesos a internet. No caso dos mozos esto é especialmente importante, polo que ten de educativo, formativo e elemento que atraerá a mais mozos a estes centros. Por eso traballamos para que todos os centros podan dispor de conexións a internet, clases de informática e actividades directamente relacionadas coas novas tecnoloxías.
Nesta liña a Vicepresidencia acaba de conseguir do Plano Avanza case dous millóns de euros para actuacións relacionadas coa Sociedade de Información para os maiores, as mulleres, os discapacitados e os mozos galegos. Precisamente porque estamos convencidos de que estas ferramentas son un arma cargada de futuro e un instrumento para acadar a igualdade de oportunidades.

-¿En que consiste para vostede a revolución tranquila, segundo as súas palabras, e canto tempo será preciso para levala a cabo?

R.-A revolución tranquila do benestar está en marcha. A Vicepresidencia ten posto nestes meses os alicerces do cambio nas políticas sociais que ata o de agora se viñan aplicando en Galiza, políticas marcadas polo abandono, a desidia e os cheques en branco para tapar buratos. Este Goberno ten sobre a mesa os instrumentos para o cambio, para un compromiso coas políticas para a xente, instrumentos coma o Consorcio Galego dos Servizos de Igualdade e Benestar, a Sociedade Galega de Servizos Sociais ou o programa “Galescola”, que establecen un novo modelo de xestión, unha visión pioneira do que deben ser servizos públicos de calidade para as galegas e os galegos. Con estes instrumentos a Vicepresidencia leva a cabo esa revolución tranquila que rachará coa penosa herdanza que o PP lle deixou a Galiza en materia de servizos sociais e que conseguirá un país cunha rede pública ao nivel do que merecen os galegos e as galegas, servizos de calidade á altura da Galiza do século XXI.

-No seu compromiso cas persoas maiores fala “da carta de servicios ao maior en tódolos centros” . Segundo o seu criterio cales son os servicios fundamentais.

R.-A Vicepresidencia da Xunta ten posto en marcha unha Carta de Servizos Universal para garantir a calidade dos servizos das súas residencias e o cumprimento dos dereitos dos seus usuarios. Se trata duns compromisos mínimos coa calidade que asumen os nosos centros residenciais para persoas maiores incluídos na rede pública da Xunta de Galicia, uns mínimos na prestación dos servizos que ofrecen e nas expectativas de seren satisfeitas. Entre outros, esta carta recolle o dereito de acceso a estes centros e servizos e a recibir asistencia sen discriminación; o dereito a un trato digno por parte do persoal e usuarios, o dereito ao segredo profesional da historia clínica e á protección dos datos persoais, o dereito a manter relacións interpersoais e recibir visitas, a un programa de intervención ou atención individualizado, a facer propostas de mellora nos órganos de dirección e participación dos centros, o consentemente informado, coñecer o prezo dos servizos que os usuarios reciben, libre acceso ao libro de reclamacións de cada centro, dereito aos coidados necesarios en caso de dependencia ou invalidez ou o dereito a unha programación de actividades que permita o seu desenvolvemento persoal, entre outros.
Con esta carta de servizos a Xunta de Galicia entra de cheo na cultura da avaliación e a mellora contínua dos seus servizos, garantindo prestacións de calidade, servizos de calidade para os galegos e as galegas. É un contrato cos usuarios destes centros garantindo que imos a cumprir a nosa parte.

-O cambio do que vostede fala con frecuencia quere dicir que ademais de programar as actividades de sempre , agora dará resposta as novas demandas das persoas maiores , que piden mas actividades de tipo cultural y formativo . A idea e manter o corpo e a mente en forma.
R.-O envellecemento activo é un dos obxectivos desta Vicepresidencia, porque este Goberno sabe que Galiza ten unha débeda histórica cos seus maiores que imos empezar a pagar. Os nosos maiores teñen moito que aportar á construción da Galiza do século XXI, todo un caudal de experiencia que non podemos nin debemos deixar que se perda. Hai moitos eidos nos que os maiores teñen un espazo de aportación, de participación e de cooperación, e por iso a Vicepresidencia está a artellar fórmulas e programas para que esta aportación sexa algo real e efectivo. O envellecemento activo é fundamental para unha sociedade coma a galega, cun gran número de persoas maiores, válidas, con moitas ganas de facer cousas, de participar. Entre estas iniciativas a Vicepresidencia ten en marcha coa Consellería de Vivenda un programa de construción de bloques de vivendas en distintos puntos de Galiza nas que convivirán maiores de 65 anos e menores de 30, en pisos de uns 40 metros cadrados individuais e con zonas e servizos comúns para fomentar o intercambio xeneracional.

-Segundo a prensa, o seu blog o páxina web é unha das mellores.¿Qué pensa de nosa bitácora

R.-Creo que é unha gran iniciativa, moi profesional tanto polos contidos coma polo formato. Se nota que está elaborada e mantida con sumo coidado e mimo e que forma parte do quefacer de persoas que conforman un equipo, un equipo volcado en dar servizos e información e aproveitar ademais as novas tecnoloxías para aportar o seu gran de area. Na sociedade da información na que vivimos, estar presente na rede é algo fundamental, indispensable, que ofrece ademais un carácter de servizo público impagable. Por iso considero doblemente positiva esta bitácora que tedes entre mans, dun lado polo traballo, a experiencia, a formación e o tempo que vos está aportando persoalmente, e doutro pola importancia que ten o servizo, a información e as axudas que prestades a todos os que visiten a vosa bitácora. Por iso non podo mais que animarvos a seguir, e ofrecervos todo o apoio e a complicidade da Vicepresidencia da Xunta para que iniciativas coma esta, con tantos beneficios sociais e mesmo tecnolóxicos, saian adiante con todo o éxito que de seguro teredes no Centro Social de Coia.

Autor Redacción en categoría 12-Noticias do Centro e Comentarios desactivados