
-Cal é o motivo de realizar viaxes nestes Centros?
“E unha tradición realizar viaxes nos centros sociais, parroquias, asociacións, nos medios escolares, nas empresas etc. porque en principio é unha actividade que lle gusta a xente en xeral, e unha actividade moi demandada polos usuarios.”
-Como se chega a programar viaxes tan lonxe do Centro?
“Pois como xa dixen, debido á insistencia dos usuarios, primeiro foron viaxes curtas ( a Santiago, a Coruña) logo pedían ir ao estranxeiro e organizámoslles un a Portugal pero para os galegos Portugal non é estranxeiro, así que a base de insistir, organizamos a primeira viaxe a Italia e até hoxe”
-A quen van dirixidos as viaxes que se programan?
“En principio á poboación en xeral pero en especial a aquelas persoas que polas súas circunstancias persoais non son o cliente tipo das axencias de viaxes tradicionais. Aquelas persoas que están soas, que non se atreven a viaxar por non coñecer o idioma, aquelas que non teñen medio de transporte, ou simplemente aquelas que lles gusta que todo llo dean feito e ter unha viaxe exclusiva con amigos e veciños” Leer mais…
Autor Redacción en la categoría
8-A entrevista e
ten (5) cometarios